Esta é a paxina web da Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilara das Donas <<Os Lobos>>, Asociación Cultural e Entidade de Promoción do Camiño de Santiago. A través do CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E INTERPRETACIÓN DA COMARCA DA ULLOA, a nosa sede, traballamos a prol do patrimonio cultural do Camiño de Santiago e da Comarca da Ulloa.

      Se queres información sobre o Camiño de Santiago, sobre o Patrimonio Histórico Cultural e ambiental da Comarca da Ulloa, calquera outra información ou se queres facernos chegar calquera imformación ou denuncia, contacata con nos en:


Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar das Donas <<Os Lobos>>
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E INTERPRETACIÓN DA COMARCA DA ULLOA
Vilar das Donas nº 2 - 27216 PALAS DE REI - LUGO - GALIZA

www.vilardasdonas.org.es
Correo: cdiaulloa@vilardasdonas.org.es



Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar das Donas “Os Lobos” naceu como asociación no ano 1.995, estando Inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións , sección primeira Nº 1.729; Inscrita no Censo de Asociacións e Entidades Culturais de Galicia,código de identificación B-01-11/LU-239 libro 2 folio exp. 2943 e Inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago Nº 64.

O noso ámbito de actuación centrase principalmente na Comarca da Ulloa (Concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei), sendo unha das nosas principais labouras a unión entre esta e o Camiño de Santiago (O Camiño Francés discorre por terras de Monterroso e Palas de Rei e o Camiño Norte ou Primitivo por Palas de Rei). Para nos o Camiño non soamente son os tramos delimitados como tal, tamén o son as lugares e xentes que están a carón deste. O verdadeiro peregrino non é o que vai de albergue en albergue sellando a súa credencial para que ó chegar a Compostela recoller o diploma acreditativo de tan grande xesta, o verdadeiro peregrino “VIVE O CAMIÑO” e a cada paso que da busca algo máis, algo que moitas veces lle leva a pararse a falar cos paisanos que atopa polo Camiño, ou a desviarse para visitar algún lugar cércano. Na nosa pequena sede o Centro de Documentación e Interpretación da Comarca da Ulloa (situada a carón dun dos referentes do Camiño, a Igrexa de San Salvador de Vilar das Donas) dispoñemos de Libros, folletos, vídeos, CD-R e DVD sobre a Comarca e sobre o Camiño que nos sirvan de base para facilitar información a todos os que nola solicitan, sendo a nosa intención é a de xuntar a maior cantidade de documentación en diferentes soportes
Dentro das actividades que temos realizado e que conforman a nosa humilde aportación, destacan a sinalización do Camiño e do conxunto monumental de Vilar das Donas, diversas publicacións:Libro Rutas Xacobeas na Comarca da Ulloa (1ª Edición, Galego-Ingles -1997); Libro-Guía Bibliográfica da Comarca da Ulloa (1.999); Libro Rutas Xacobeas na Comarca da Ulloa (2ª Edición, Galego-Francés – 2001); Libro Rutas Xacobeas na Comarca da Ulloa (3ª Edición, Galego-Castellano); Guía Gastronómica da Comarca da Ulloa (2.004) e varios politrípticos sobre os principais monumentos da zona en diferentes idiomas, tamén temos organizado conferencias, camiñadas, e colaboramos na Mostra de Teatro no Camiño de Santiago que teñen lugar en Palas de Rei. Outra das labouras que realizamos é a de vixilancia e denuncia, vixilancia dos Camiños e dos Monumentos e denuncia das agresións ou das incidencias que se produzan.